fbpx
 

Inicia Coworking 3 Lugo

Inicia Coworking 3 Lugo

A semana pasada foi moi emocionante para todas as persoas que participamos no programa Inicia Coworking 3 organizado polo Concello de Lugo e a EOI, xa que o xoves 20 de setembro celebramos o Demo Day no que presentamos ao público as nosas empresas.

 

 

Alá polo mes de marzo, na inauguración do Coworking, plantamos unha árbore que co paso do tempo iría medrando en paralelo aos nosos proxectos empresariais e vitais. Dende entón, durante estes 6 meses de intensa aprendizaxe, tivemos a oportunidade de coñecer a profesionais que nos acompañaron e nos asesoraron nesta fermosa etapa de emprendemento.

Para min foi unha gran experiencia e unha gran oportunidade participar neste programa de apoio a emprendedores, porque desenvolver unha idea propia é unha tarefa complexa que require moito esforzo. Sen dúbida resultou moi valioso contar co apoio de profesionais expertos en ámbitos como o marketing, comunicación, redes sociais, financiamento, lexislación, etc.

 

 

O meu proxecto, Camiños con arte, xa é unha realidade. Este proxecto naceu nun pequeno caderno de anotacións no Nadal de 2015 e deu os seus primeiros pasos en 2016. Agora grazas ao espazo Coworking puiden rematar de darlle forma e transformalo nunha realidade.

A partir de agora continuarei desenvolvendo a miña marca, Camiños con arte, para que pasiño a pasiño se convirta no referente para coñecer o patrimonio artístico, cultural e natural de Galicia e do Camiño de Santiago a través dos seguintes servizos:

-Visitas guiadas en Galicia

-Excursións de día completo en Galicia

-Acompañamento no Camiño de Santiago

 

 

Todo o meu agradecemento para a miña titora, Susana Pardiñas, que me axudou durante estes seis meses a sacarlle o máximo rendemento ao meu proxecto, e tamén para Úrsula Pérez e Norman Veiga do CEI Nodus, pola súa colaboración en todo momento, así como para todos os profesionais que compartiron con nós a súa experiencia e os seus coñecementos.

Moito éxito a tod@s @s compañeir@s de emprendemento e moi boa sorte en todos os vosos proxectos! Foi un pracer compartir con vós esta etapa de ilusión creando unha rede de empresas pero sobre todo unha rede de persoas.

Lidia de la Fuente

Sen Comentarios

Escribe un comentario