Déixate conquistar pola maxia e o son de Galicia

Vive as tradicións, a paisaxe e a gastronomía de Galicia cunha guía oficial e un itinerario personalizado.

As visitas guiadas de Camiños con arte inspíranse na autenticidade, o amor pola cultura galega e o coidado do entorno natural.

Acompáñote compartindo contigo a alma de Galicia a cada paso.

Cóntame os teus desexos e deseñarei unha ruta á medida da túa visita privada en familia ou da túa excursión en grupo.

Descubre conmigo a maxia de Galicia!

lidia-de-la-fuente

Lidia de la Fuente

Lucense namorada de Galicia con máis de dez anos de experiencia no sector turístico e cultural. Guía Oficial de Turismo de Galicia en galego, castelán, alemán e inglés.

Galicia agárdate en Camiños con arte

Newsletter

Recibe todas as novidades do blog de Camiños con arte