En 2016 comezaron os primeiros pasos de Camiños con arte, unha fiestra para descubrir Galicia e deixarte conquistar por toda a súa maxia.

Unha historia con alma e un gran sorriso acompañarante na túa visita en Galicia para que vivas a experiencia única que estás buscando.

Reláxate na natureza, descubre o noso legado cultural e saborea a gastronomía galega.

Pasea pola muralla de Lugo e o porto da Coruña. Descubre o centro histórico de Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra. Respira a brisa do mar nas Rías Baixas, a Costa da Morte e a Mariña Lucense. Envólvete da paisaxe da Ribeira Sacra. Vive a emoción do Camiño de Santiago.

Axúdoche a deseñar a ruta que mellor se adapte aos teus desexos.

Galicia agárdate en Camiños con arte!

lidia-de-la-fuente1

Lidia de la Fuente

Lucense namorada de Galicia e guía oficial en galego, castelán, alemán e inglés.

Encántame sorrir, desenvolver ideas novas con ilusión, amosar a riqueza cultural de Galicia, compartir experiencias con cada persoa que a vida me agasalla, emocionarme coas pequenas cousas de cada día e desfrutar da tranquilidade na natureza.

Son Diplomada en Turismo, Licenciada en Humanidades e Máster en Alta Xestión en Política e Estratexia dos Destinos Turísticos. Desenvolvín a miña carreira profesional en Galicia, Cataluña, Madrid e Alemaña, adicándome ao ámbito turístico e cultural desde fai máis de dez anos.

Descubre conmigo a maxia de Galicia.

Agárdote!

Guía Oficial de Turismo de Galicia GT – 120 – XG 

Mereces un descanso