Blog

Había unha vez unha rapaza que atopou hoxe un momento para estrear por fin a canle de YouTube que con tanto agarimo preparaba para ti 😍 A mesma que sentou un intre preto dos cantís para descansar brevemente porque este verán non parou nadiña hahahaha Vémonos a......

  Este domingo 19 de maio, Xornada de portas abertas no Viveiro de empresas da Tinería, en Lugo, desde as 12:00 ata as 21:00 horas. Ven descubrir as novas empresas instaladas no burgo vello medieval no centro histórico de Lugo, ao lado da Porta Miñá......

Que me recomendas facer? Que podo visitar pola zona? Que podo facer nunha tarde? Hai algo interesante para visitar nos arredores? Todas as persoas que traballamos no sector turístico atendendo directamente ao visitante escoitamos con frecuencia preguntas como as anteriores. Na recepción dun hotel, nun......

Sobes ou baixas? Como subir á muralla de Lugo? Onde están situados os accesos á muralla de Lugo? O adarve ou paseo de rolda da muralla romana de Lugo ten un perímetro de aprox. 2.200 metros.  Percorrelo enteiro é unha das mellores experiencias para calquera......

Catedral de Santa María, Patrimonio da Humanidade, dende a Porta Miñá da muralla romana de Lugo.   A Porta Miñá No barrio da Tinería, no centro histórico de Lugo, atópase a Porta Miñá, a porta máis orixinal da muralla romana, que debe o seu nome......

As persoas asistentes a FITUR 2019 tiveron a oportunidade de descubrir a Vía Künig a través deste novo vídeo promocional que presentou o Concello de Lugo. Un camiño medieval que convida a sentir a maxia da peregrinaxe a Santiago de Compostela e a tranquilidade da natureza. A min......

  Aberto o prazo de inscrición no encontro “A Xestión Cultural a debate“, que terá lugar na Facultade de Humanidades de Lugo do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2019.   No encontro, no que ademais da Universidade de Santiago de Compostela estarán presentes as......

  Vémonos en Fitur? Se queres descubrir todo o que pode ofrecerche Camiños con arte, agárdote os días 23 e 24 de xaneiro na Feira Internacional de Turismo de Madrid. Escríbeme un email a [email protected] ou contacta aquí para concertar unha reunión na que poidamos falar sobre posibles proxectos en común vencellados......

  Que ilusión comezar a traballar este ano 2019 falando no programa Galicia por Diante da Radio Galega! Moitas grazas por visitarme hoxe na Tinería en Lugo. Volvede cando queirades para seguir falando sobre Camiños con arte, o Camiño Primitivo, a Vía Künig, o pasado, presente e futuro......

    Feliz 2019 a todas as persoas que me acompañáchedes durante este 2018! Moitas grazas por estar aí e todo o mellor para vós neste Aninovo! Seguro que nos traerá moitas cousas boas e fermosas. Unha aperta grande. Lidia...

  CEI Nodus, 20/09/2018 Que ilusión poder ver xa publicado o vídeo da presentación oficial de Camiños con arte durante o Demoday do programa de apoio a emprendedoras e emprendedores Inicia Coworking 3 do Concello de Lugo e a EOI.   Moitas grazas á Fundación TIC polo voso traballo! Parabéns a todas......

  Felices Festas de San Froilán, as máis fermosas do outono galego! Aquí podedes consultar o programa completo do San Froilán 2018, do 4 ao 12 de outubro, para que non perdades ningunha actividade. Desfrutade moito dos concertos, o polbo á feira e todas as atraccións desta......

A semana pasada foi moi emocionante para todas as persoas que participamos no programa Inicia Coworking 3 organizado polo Concello de Lugo e a EOI, xa que o xoves 20 de setembro celebramos o Demo Day no que presentamos ao público as nosas empresas.     Alá polo mes......

“Abride a fiestra que quero ver o mar” Rosalía de Castro faleceu o 15 de xullo de 1885 na Casa da Matanza, en Padrón. Esta fin de semana estase a celebrar o festival Abride a fiestra na Casa Museo Rosalía de Castro. E hoxe é o......

Haberá algo mellor que a música? Non se me ocorre nada! A música é unha das manifestacións artísticas con maior capacidade de emocionar e transmitir sentimentos. Para min é unha parte esencial da miña vida, escoito música da mañá á noite. Esta fin de semana......

Este sábado 14 de xullo volven as visitas guiadas para familias con [email protected] en Lugo. Unha visita cultural especialmente dirixida a familias, polo tanto, o percorrido, os contidos e a duración da visita están adaptados para peques e maiores. En agosto de 2017 comecei a......

Hoxe nace o blog de Camiños con arte. Que ilusión! Por fin chegou o día de darvos a benvida. Tiña moitas ganas de compartir con vós as aventuras, a información e as experiencias do día a día descubrindo Galicia. Este primeiro día faime lembrar o primeiro......

Newsletter

Recibe todas as novidades do blog de Camiños con arte