fbpx

A Vía da Prata e o río Miño cruzan a cidade convidándote a camiñar sen presa. Elixe Ourense e achégate aos mananciais de auga termal, fogar das ninfas segundo a mitoloxía.

Pasea polas rúas que inspiraron obras como A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, un dos grandes escritores da literatura galega.

Opulpo á feira e o viño da comarca do Ribeiro destacan entre a gastronomía local, que poderás degustar no entorno da Catedral de San Martiño.

Vive o Entroido, as Xornadas do Folclore e a festa do magosto, entre outras moitas actividades culturais que ofrece a cidade das Burgas.

Achégate ao Castelo de Ribadavia, visita o Mosteiro de Celanova, pasea polo centro histórico de Allariz e afonda na cultura castrexa en San Cibrán de Las.

Visita Ourense

Descubre a maxia de Galicia