fbpx

Imaxina que segues as pegadas dos primeiros peregrinos que iniciaron o seu Camiño na procura do sepulcro do Apóstolo Santiago.

Acompáñote nunha viaxe tan especial, prestándoche apoio e aportando o coñecemento sobre as singularidades deste itinerario cultural, natural e espiritual.

No Camiño Francés, desde O Cebreiro ou Sarria, coñecerás lugares únicos como o Mosteiro de Samos, a vila de Portomarín ou a igrexa de Vilar de Donas.

O Camiño do Norte dende Ribadeo lévate da costa cantábrica ao interior de Galicia.

Elixe o Camiño Primitivo desde A Fonsagrada ou Lugo se buscas tranquilidade e natureza.

Consúltame tamén sobre o Camiño Portugués, a Vía da Prata, o Camiño de Inverno, o Camiño a Fisterra-Muxía e outras rutas.

Vive o teu Camiño

Descubre a maxia de Galicia