fbpx
 

Camiño Primitivo

Detalles da visita guiada

Buscas unha guía local que acompañe o teu grupo no Camiño de Santiago? Contacta agora e comeza o teu Camiño!

 

O Camiño Primitivo a Santiago de Compostela é a ruta xacobea máis antiga. A súa orixe remóntase ao descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago o Maior no século IX. Segundo conta a lenda xacobea, o eremita Paio ou Pelayo, viu unhas luces no ceo que o levaron ata o lugar do sartego. Informado o Bispo Teodomiro da diócese de Iria Flavia, encargouse de comunicarlle a nova ao rei Alfonso II, o Casto, e o rei decidiu viaxar en persoa desde a capital do reino, Oviedo, ata o lugar no que fora atopada a tumba. De aí que poidamos considerar ao rei Alfonso II o primeiro peregrino da historia, xa que foi a primeira persoa que se desprazou a visitar a tumba atribuida desde entón ao Apóstolo Santiago.

O traxecto natural desde Oviedo ata o lugar no que pronto xurdiría Santiago de Compostela atravesaba a cidade de Lugo. Este mesmo traxecto que seguiu o rei Alfonso II é o que seguiron os primeiros peregrinos tras coñecer a nova.

O Camiño Primitivo e a Catedral de Santa María de Lugo foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2015, contribuíndo así a un novo rexurdir desta ruta medieval.

Son moitos os peregrinos que inician a súa peregrinaxe na Fonsagrada, entrada do Camiño Primitivo en Galicia, aínda que tamén é habitual iniciar a ruta na cidade de Lugo, camiñando os últimos 100 kilómetros para recibir a Compostela unha vez finalizado o Camiño, que en Melide se une ao Camiño Francés.

 

Museo etnográfico de A Fonsagrada.

 

Antigo hospital de peregrinos de Montouto.

 

Catedral de Santa María de Lugo.

 

Muralla romana de Lugo.

 

Santa María de Melide.

Categoría
Camiño de Santiago