fbpx

Camiños con arte

Visitas guiadas en Galicia

 

Camiños con arte é un proxecto cultural de visitas guiadas en Galicia que se fixo realidade en 2017.

Encántame compartir co resto do mundo a miña paixón polo patrimonio cultural e natural que vivo tan de preto.

De nena fun afortunada por desfrutar da natureza cada verán na miña pequena aldea de Lugo. E agora de adulta fascíname a arte e cada descubrimento que fago sobre a vida e aventuras de diferentes personaxes históricos de Galicia.

Se a ti tamén che gusta coñecer en profundidade a historia, cultura e tradicións dos lugares que visitas, alegrarame recibirte nunha visita guiada en Galicia.

Cóntame os teus intereses e deseñarei unha visita guiada á túa medida

Lidia de la Fuente

Lucense apaixonada da cultura de Galicia e guía oficial en galego, castelán, alemán e inglés.

Encántame desenvolver ideas novas, amosar a riqueza cultural de Galicia e compartir experiencias con cada visitante.

Son Licenciada en Humanidades, Diplomada en Turismo e Máster en Alta Xestión en Política e Estratexia dos Destinos Turísticos. Desenvolvín a miña carreira profesional en Galicia, Cataluña, Madrid e Alemaña, adicándome ao ámbito turístico e cultural desde fai máis de dez anos.

Estarei encantada de recibirte e compartir contigo a maxia de Galicia.

Guía Oficial de Turismo de Galicia GT – 120 – XG