Xornada de portas abertas na Tinería

Xornada de portas abertas na Tinería

 

Este domingo 19 de maio, Xornada de portas abertas no Viveiro de empresas da Tinería, en Lugo, desde as 12:00 ata as 21:00 horas.

Ven descubrir as novas empresas instaladas no burgo vello medieval no centro histórico de Lugo, ao lado da Porta Miñá da muralla romana e moi preto da Catedral de Santa María, en pleno Camiño Primitivo a Santiago de Compostela. Tres recursos Patrimonio da Humanidade que se unen neste barrio histórico en proceso de rehabilitación.

Agárdote na oficina de Camiños con arte, adicada ao turismo cultural, aberta desde novembro de 2018 ofrecendo visitas guiadas en Lugo e Galicia e servizo de guía acompañante no Camiño de Santiago. E agora en 2019 iniciando unha segunda fase do proxecto de emprendemento enfocada á formación a empresas turísticas e consultoría turística e cultural. Vémonos este domingo!

Lidia de la Fuente

Sen Comentarios

Escribe un comentario