Visita Lugo en familia

Visita Lugo en familia

Este sábado 14 de xullo volven as visitas guiadas para familias con [email protected] en Lugo. Unha visita cultural especialmente dirixida a familias, polo tanto, o percorrido, os contidos e a duración da visita están adaptados para peques e maiores.

En agosto de 2017 comecei a ofrecer as visitas para [email protected] coa intención de dar a coñecer Lugo de forma entretida e amena para todos os públicos, pero sobre todo para nenas e nenos. O percorrido é 100% accesible, de tal xeito que é posible realizar toda a visita cun carro de bebé ou en cadeira de rodas.

O que máis me gusta destas visitas é ver o interese dos máis peques polo noso pasado romano e as ganas que teñen de contarlle a outras persoas todo o que descubren baixo a cidade actual. Ademais, adultos e peques interactuades compartindo unha actividade cultural e ao mesmo tempo un momento de lecer en familia.

As persoas que coidarán o patrimonio cultural de hoxe e de mañá son @s peques! Por iso é tan importante que o desfruten e o valoren. E se pode ser en familia, moito mellor! Porque ademais de todo o que descubran e aprendan, tamén lles quedará a lembranza dunha experiencia fermosa en familia.

Así que xa sabedes, se visitades Lugo en familia durante este verán, preguntádeme polas datas de visitas guiadas en Lugo para familias. E lembrade que esta actividade resulta igualmente moi interesante para familias de Lugo que queredes coñecer mellor a cidade.

En Galicia destino familiar atoparedes máis opcións para desfrutar de Galicia en familia. 

Agárdovos durante o mes de xullo os días 14, 17, 26 y 28 na Praza Maior, nos soportais do Concello, ás 18.00 horas. Non é necesario reservar. As entradas póñense á venda na Praza Maior dende 10 minutos antes de comezar a visita. Ata 5 anos, gratis. De 6 a 12 anos, 3 euros por persoa. A partir de 13 anos e adultos, 6 euros por persoa.

Nas próximas semanas publicarei o calendario de visitas para o mes de agosto. Podedes consultar toda a información no teléfono 680 642 925 ou enviando un correo electrónico a [email protected]

Vémonos este verán en familia!

Lidia

Sen Comentarios

Escribe un comentario