Descubre a súa orixe romana como primeira cidade da Gallaecia e síntete un sentinela paseando pola Muralla romana, Patrimonio da Humanidade. O entorno da Catedral de Santa María fala das lendas de San Froilán e María Castaña, e o Camiño Primitivo lémbranos os pasos dos primeiros peregrinos a Compostela.

O ambiente festivo transforma a cidade no San Froilán e o Arde Lucus, e durante todo o ano os viños e as tapas son un reclamo no centro histórico, porque “E para comer Lugo”.

Desde Lugo podes achegarte ao nacemento do río Miño, que forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño, visitar o castro de Viladonga na Terra Chá e coñecer o enigmático templo de Santa Eulalia de Bóveda.

Adéntrate na montaña de O Courel e na paisaxe de Os Ancares e envólvete do seu rico patrimonio natural e etnográfico.

¡Ven a Lugo!

Descubre a maxia de Galicia