O mar esculpe unha paisaxe tan espectacular como agreste na Costa da Morte.

Fisterra era considerada polos romanos a fin do mundo coñecido, o recanto máis occidental da terra, e máis alá só existía a inmensidade do océano. Hoxe continúa sendo a etapa final do Camiño de Santiago para moitos peregrinos.

Descubre o Camiño dos faros dende Malpica ata Fisterra, visitando o Cabo Vilán, o Cabo Touriñán, o Faro Roncudo, o Faro de Laxe e a fervenza de Ézaro, entre outros miradores e cantís sobre o mar.

Visita o Dolmen de Dombate e o Castro A Cibdá de Borneiro tralas pegadas da cultura megalítica e a cultura castrexa.

As palilleiras reúnense na porta da casa a tecer o tradicional encaixe de Camariñas. Xunto cos percebeiros e a olería de Buño, son algúns dos oficios tradicionais que permanecen máis vivos na Costa da Morte.

Lendas e tradicións como a Pedra de Abalar únense no santuario da Virxe da Barca en Muxía mantendo os mitos deste lugar máxico.

Sinte o misterio da fin do mundo

Descubre a maxia de Galicia