fbpx

Envólvete da lembranza de María Pita, muller valente que defendeu a cidade do ataque das tropas de Francis Drake no século XVI. A Praza de María Pita homenaxea á súa veciña máis destacada e é o lugar ideal para iniciar a túa visita á cidade vella e a Colexiata de Santa María.

Desde o Concello, achégate á igrexa de Santiago, referente para os peregrinos que elixen o Camiño Inglés.

Desfruta do paseo marítimo máis longo de Europa que rodea a Cidade de cristal, sempre animada e divertida.

As galerías da Avenida da Mariña son un dos mellores exemplos da singular arquitectura mariñeira en Galicia.

A Torre de Hércules, único faro romano e o máis antigo do mundo en funcionamento, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, ofrece as mellores vistas do océano Atlántico e fálanos da lenda de Breogán.

Vive a historia, a ciencia e a diversidade da costa atlántica visitando o Castelo de Santo Antón, o castro de Elviña, a Domus e o Aquarium Finisterrae, entre outros centros culturais e museos.

Na costa ártabra agárdante os cantís máis altos de Europa en Cedeira, a inmensa praia de Doniños en Ferrol e a ermida de San Andrés de Teixido, onde segundo di o refrán, “vai de morto quen non foi de vivo”.

Mergúllate na Galicia atlántica

Descubre a maxia de Galicia