Visitas para [email protected]

Detalles da visita guiada

 

Visitas guiadas para familias con [email protected] en Lugo e Santiago de Compostela.

Unha visita cultural especialmente dirixida a familias, cun itinerario, contidos e duración adaptados a peques e maiores.

En agosto de 2017 comecei a ofrecer as visitas para [email protected] para dar a coñecer o Lugo romano de forma entretida e amena a familias con peques. O itinerario é 100% accesible, de xeito que é posible realizar toda a visita cun carriño de bebé ou en cadeira de rodas.

O que máis me gusta destas visitas é ver o interese dos máis peques polo noso pasado romano e as ganas que teñen de contarlle a outras persoas todo o que descubriron baixo a cidade actual. Ademais, adultos e peques interactuades compartindo unha actividade cultural e ao mesmo tempo un momento de ocio en familia.

En Semana Santa de 2018 comecei a ofrecer tamén as visitas para [email protected] en Santiago de Compostela, centradas na temática dos peregrinos e os gremios medievais.

As persoas que coidarán o patrimonio cultural de hoxe e de mañá son @s [email protected] peques. Por iso é tan importante que o desfruten e o valoren. E se é en familia, moito mellor! Porque ademais de todo o que descubran e aprendan, tamén lles quedará a lembranza dunha fermosa experiencia en familia.

Así que xa sabes, se visitas Lugo ou Santiago de Compostela en familia, pregúntame polas datas de visitas guiadas para familias ou reserva unha visita privada, cun grupo de amigos ou unha visita didáctica para o voso cole. Lembra que esta actividade resulta igualmente moi interesante para a poboación local se queres coñecer mellor a túa cidade.

Vémonos en familia!

Categoría
Visitas guiadas