fbpx
 

Vía Künig – Camiño Francés por Lugo

Detalles da visita guiada

 

Vía Künig é unha variante medieval do Camiño Francés a través da cidade de Lugo, documentada nunha guía para peregrinos escrita polo monxe alemán Hermann Künig no século XV e que foi editada ata en cinco ocasións.

Este camiño medieval, cuxo trazado coincide coa vía romana XIX e o Camiño Real de Carlos III, atópase en proceso de investigación e recuperación. Froito da colaboración entre os concellos polos que pasa a Vía Künig en Galicia (As Nogais, Becerreá, Baralla, O Corgo e Lugo) e grazas a todas as persoas que investigaron nos últimos anos sobre este itinerario, foi posible presentar este vídeo promocional en Fitur 2019 e o seguinte tríptico divulgativo, como primeiro paso para dar a coñecer esta ruta de peregrinaxe dunha gran riqueza natural e cultural. E eu encantada de participar neste fermoso proxecto para recuperar parte da nosa historia esquecida durante séculos.

Bo Camiño ao proxecto de investigación da Vía Künig!

 

 

 

 

Categoría
Camiño de Santiago