Rutas co teu can

Detalles da visita guiada

Rula nunha ruta de sendeirismo.

 

CAMIÑO DE SANTIAGO CO TEU CAN

Se o teu can te vai acompañar facendo o Camiño de Santiago contigo, podes obter a súa Credencial Canina na oficina de Camiños con arte no centro histórico de Lugo, no Recanto do Miño 8.

Máis alá dunha lembranza dos lugares que percorrederedes xuntos a patiña e a pé, adquirindo a credencial colaborades coa Asociación Protectora de Animais no Camiño e levades na vosa mochila os consellos peRRegrinos para axudar a cualquera animal que atopedes perdido, enfermo ou abandoado durante a vosa peregrinaxe. Compartindo unha experiencia especial xuntos axudades a outros animais en situación desfavorecida. E a cheegar a Santiago de Compostela na oficina de APACA agárdavos tamén unha pequena sorpresa perruna…

 

 

 

Credencial canina da Asociación Protectora de Animais no Camiño (APACA).

 

Consellos peRRegrinos.

 

 

O voso primeiro selo da Credencial Canina podédelo poñer na oficina de Camiños con arte e dende aquí comezar no Camiño Primitivo en Lugo ou no Camiño Francés en Sarria unha experiencia inesquecible.

 

 

RUTAS CO TEU CAN

Se viaxas por Galicia co teu can, solicita unha visita guiada especial para cans e os seus amigos humanos nas cidades de Lugo, Santiago de Compostela e A Coruña.

Visita LUGO con can. Pasea pola muralla romana de Lugo, Patrimonio da Humanidade, descubre o Camiño Primitivo a Santiago de Compostela e disfruta da natureza á beira do río Miño, Reserva da Biosfera.

SANTIAGO DE COMPOSTELA accesible con can. Percorre as prazas e rúas do centro histórico e o entorno da Catedral de Santiago de Compostela. Vive a maxia do Camiño de Santiago na Praza do Obradoiro e achégate ao Parque da Alameda.

Descubre A CORUÑA nunha ruta especial con can pola praza de María Pita, os xardíns da cidade vella, o porto, a Marina coas galerías acristaladas ou o paseo marítimo no entorno do Castelo de San Antón.

 

Greta de paseo á beira do río Miño en Lugo.

 

RESERVAS

Greta e Rula gústalles ir de paseo á beira do río e desfrutar da natureza mentres as súas amigas humanas coñecen sitios novos.

Consúltame tarifas para visitas particulares ou grupos reducidos. Rutas con reserva previa e suxeitas a disponibilidade de data e horario.

 

TRAVEL GUAU

Camiños con arte ofrece un servizo de visitas guiadas con cans certificado por Travel Guau, a guía de aloxamentos, empresas, servizos e destinos Pet Friendly máis completa. Unha visita ¡GUAU!

 

 

 

Categoría
Visitas guiadas