Mulleres na Historia

Detalles da visita guiada

 

Mulleres na Historia de Compostela e Mulleres na Historia de Lugo 

A primeira visita baixo o título Mulleres na Historia xurdiu en marzo do ano 2018 coa intención de dar a coñecer algúns dos personaxes femininos máis destacados da historia de Galicia, pero sobre todo para lembrar á muller galega en diferentes eidos: o mundo rural, a cultura, as pioneiras na ciencia, a muller na emigración, os oficios tradicionais…

Mulleres coñecidas e mulleres anónimas que deixaron e deixan a súa pegada na nosa historia.

En marzo de 2019 a visita Mulleres na Historia de Compostela e Mulleres na Historia de Lugo estivo adicada aos Oficios Tradicionais.

Queres descubrir máis sobre a vida de Dona Urraca, Rosalía de Castro, Xulia Minguillón, as Irmás Fandiño, as lavandeiras, as menciñeiras… entre outras interesantes mulleres galegas? Reserva unha visita privada ou segue Camiños con arte nas redes sociais para informarte da próxima visita Mulleres na Historia.

 

Categoría
Visitas guiadas