Lugo romano e Santa Eulalia de Bóveda

Detalles da visita guiada

 

Descubre o Lugo romano oculto baixo os teus pés!

 

ITINERARIO

Muralla romana de Lugo, Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000, única muralla romana no mundo que conserva íntegro o seu perímetro de aproximadamente 2 kilómetros e 200 metros.

Domus do Mitreo, templo romano adicado ao Deus Mitra, divinidade de procedencia oriental venerada polas lexións romanas, musealizado in situ.

Vía romana XIX que continúa sendo transitada polos peregrinos que percorren o Camiño Primitivo a Santiago de Compostela.

Ponte de orixe romana e termas romanas no interior do Hotel Balneario, con 14 aras votivas adicadas ás ninfas.

Santuario de Santa Eulalia de Bóveda, situado a 14 kilómetros da cidade.

 

 

Categoría
Visitas guiadas