Camiño de Santiago con guía

Detalles da visita guiada

 

Queres facer o Camiño de Santiago? Estás planeando facer o Camiño en familia ou cun grupo de amigos e buscades unha guía oficial de Galicia que vos preste apoio durante esta gran experiencia? Tes unha axencia de viaxes e buscas unha guía profesional que acompañe un grupo organizado no Camiño? Chámame e camiñemos xuntos a través deste itinerario máxico.

Queres selar a credencial de peregrino en Lugo? Achégate á oficina de Camiños con arte no propio Camiño Primitivo, no Recanto do Miño 8, no barrio da Tinería ao lado da Porta Miñá, saída tradicional do Camiño de Santiago cara a ponte romana. Leva este selo como lembranza dos tres Patrimonio da Humanidade da cidade de Lugo: a muralla romana, a Catedral de Santa María e o Camiño Primitivo.

 

 

Categoría
Visitas guiadas