Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Haberá algo mellor que a música? Non se me ocorre nada! A música é unha das manifestacións artísticas con maior capacidade de emocionar e transmitir sentimentos. Para min é unha parte esencial da miña vida, escoito música da mañá á noite.

Esta fin de semana hai un gran protagonista musical en Galicia, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, xa que este ano celebramos o 40 aniversario deste festival que reúne aos mellores grupos de música folk a nivel internacional.

O festival xurdiu en 1978 da man da  Escola de Gaitas de Ortigueira e dende 2005 é un evento de Interese Turístico Internacional.

A gaita é sen dúbida o instrumento tradicional galego máis destacado, e a Escola de Gaitas de Ortigueira contribúe dende a súa fundación en 1975 a divulgar a cultura galega a través da música.

Aquí podes ver  programa completo do festival. Aínda está a tempo de achegarte a Ortigueira esta fin de semana!

A fermosa praia de Morouzos agárdate para que desfrutes da música, a festa e a natureza no mellor escenario posible!

Lidia

Sen Comentarios

Escribe un comentario