Camiños con arte

Camiños con arte

Hoxe nace o blog de Camiños con arte. Que ilusión! Por fin chegou o día de darvos a benvida.

Tiña moitas ganas de compartir con vós as aventuras, a información e as experiencias do día a día descubrindo Galicia.

Este primeiro día faime lembrar o primeiro día de clase, coa ilusión de estrear libros e cadernos. Encantábame estrear o material novo. E hoxe alégrame tamén estrear este lenzo en branco no que compartir tantas vivencias a partires de agora.

Dende nena son unha namorada das paisaxes, as lendas e as tradicións galegas. Sempre desexei poderlle amosar ao resto do mundo toda esta beleza que vivo tan preto cada día. Como guía oficial de Galicia, e tamén como profesional do sector turístico e cultural dende fai máis de dez anos, desfruto do fermoso privilexio de compartir con vós a riqueza cultural e natural desta terra máxica.

E xusto hoxe que nace o blog, tiven a sorte de guiar a un grupo encantador en Lugo. Chegaron onte a Galicia dende Guadalajara. Paseino moi ben hoxe, [email protected] alcarreñ@s! Ao despedirnos esta mañá preguntáchedes se a miña nova páxina web tería un blog… Estabades no lugar e no momento preciso e así vos convertíchedes en protagonistas da estrea.

Nas miñas visitas guiadas en Galicia encántame coñecer xente cun gran interese por descubrir a cultura local, coma hoxe, que afondamos na cultura galaico-romana durante a visita guiada a Lugo. A muralla romana, Patrimonio da Humanidade, foi o punto de partida para percorrer o centro histórico, coa cidade romana sempre baixo os nosos pés.

Se podedes, vémonos en breve no Arde Lucus! Aquí vos adianto a información www.ardelucus.com e agárdovos para desfrutar desta Festa de Interese Turístico Nacional na que recrearemos un ano máis o pasado romano de Lugo.

Volvede axiña! E moitas grazas por aparecer no momento preciso e no lugar axeitado para axudarme a iniciar esta nova experiencia do blog.

Unha aperta grande e sorte!

Lidia de la Fuente

Sen Comentarios

Escribe un comentario