A Xestión Cultural a debate

A Xestión Cultural a debate

 

Aberto o prazo de inscrición no encontro “A Xestión Cultural a debate“, que terá lugar na Facultade de Humanidades de Lugo do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2019.

 

No encontro, no que ademais da Universidade de Santiago de Compostela estarán presentes as Universidades de Córdoba, Huelva e Girona, debatiremos sobre diversos aspectos relacionados cos títulos impartidos na Facultade de Humanidades: as súas relacións cos ámbitos humanísticos clásicos, as novas necesidades formativas dos docentes, os espazos propios de investigación, as características específicas dos Traballos Fin de Grao e os procesos de fomento da empregabilidade dos egresados, entre outros temas.

 

Camiños con arte participará na mesa redonda “As prácticas e o emprego na Xestión Cultural”, na que intervirán como relatores:

 

 –Felipe Nabais Sangareau (SCC: Sangareau Cultural Consulting)

 –Alejandro Santaflorentina Jiménez (Universidade de Girona)

 –Uxío Novoneyra (Fundación Uxío Novoneyra)

 –Cristina Fiaño (Socia de Urdime Proxectos Culturais)

 –Lidia de la Fuente López (Camiños con arte)

 –Lucía Mosquera (Técnica de Xestión Cultural do Concello de Teo)

 -Encarna Lago (Xerente da Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo)

 

Descarga aquí o programa completo e formulario de inscrición

 

Contacto:  

Email: [email protected]

Tel. 982 821 517

 

 

Sen Comentarios

Escribe un comentario